Participa no Programa Formativo ESQUEMAS SQAS

A Asociación de Empresarios de Transporte Discrecional de Mercancía de Pontevedra, - Asetranspo-, coa colaboración de FORMANOR Grupo Isonor, organiza a actividade de formación "ESQUEMAS SQAS", unha acción aberta a todas as empresas de transportes que teñan interese en formar aos seus empregados en este tipo de normativa tan demandada pola industria química.

Características do programa

O programa de formación terá unha duración de 44,5 horas de docencia presencial na que se tratarán temáticas coma a xestión da cadea de suministro, conductas sobre seguridade, procesos de pedidos e operacións, inspeccións e operacións no emprazamento.

O programa será impartido por profesionais altamente cualificados dentro da consultoría e da certificación.

Para apoio na realización da acción formativa farase entrega dunha tablet a cada alumno participante

Custes do programa

O programa de formación ten un custe de 136,50 + IVE por alumno; ao tratarse dunha formación cofinanciada polo IGAPE.

Inscrición e prazas dispoñibles

O número de prazas está limitado a 10 alumnos; a asignación de prazas realizarase por rigoroso orde de inscrición. Cada empresa poderá inscribir a máis dun empregado se ben o número de prazas por empresa virá condicionado polas inscricións recibidas e o número de prazas dispoñibles en cada momento.

As empresas interesadas neste programa formativo poden inscribirse ou solicitar máis información no correo marketting@grupoisonor.es ou no 981 06 25 90 ata o mércores 10 de xuño ás 15h.

Esta iniciativa conta co financiamento do IGAPE a través da liña de proxectos colaborativos de capacitación sectorial, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013.